O grupo de teatro afecionado da Asociación Sociocultural de Minusválidos, formado por unhas quince persoas -incluídos os voluntarios e o director- amosou unha vez máis a súa valía sobre as táboas. O colectivo escenificou onte no Centro Municipal de Atención ás Persoas Maiores de Narón dúas obras de teatro. “A familia Rufo” e “Con premeditación e alevosía”, ambos textos de Paco Sanesteban, o director do grupo, foron as pezas elixidas para a ocasión. En total, unha hora de espectáculo coa que disfrutaron tanto os actores como os espectadores, que aplaudiron o traballo realizado polo grupo de teatro.
“A familia Rufo” é un drama no que se incita á reflexión sobre a Terceira Idade e a discapacidade dentro do ámbito familiar. “Con premeditación e alevosía” é unha comedia na que se fala da confrontación entre dúas veciñas, que remata nos tribunais debido a un sacho. Tódalas pezas que interpreta o grupo de teatro afecionado da ASCM se ensaian os luns, entre as cinco e as sete da tarde, no local da entidade, pero son moitas máis as horas que o colectivo adica a memorizar os textos, non dubidando en participar en ensaios “a maiores” no caso de ter que perfecionar algunha das actuacións.
As representacións do colectivo, que na gran maioría presenta algún tipo de discapacidade e que residen en municipios como Narón, Neda, Ares ou Ferrol, chegaron xa a outros concellos da comarca, como Cerdido ou Cedeira, onde permiten ao público disfrutar gratuitamente de tan especiais espectáculos. O elenco de actores está formado por persoas de entre 10 e 60 anos, un equipo que comparte o entusiasmo polo mundo da interpretación e que demostra, en cada actuación, o resultado dun arduo traballo para que nada falle no momento da posta en escena. Tras algunhas das representacións, como a realizada onte polo grupo da ASCM, promóvese un coloquio para intercambiar impresións sobre os temas interpretados en cada ocasión.
A transmisión de valores como o respecto e a solidariedade forma parte dos obxectivos que o grupo de teatro pretende transmitir aos espectadores.
domingo, 19 de abril de 2009
sábado, 27 de diciembre de 2008
MUSICAL "MADRID 2008"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)